Saturday 18 de May de 2024

III Festa dos cans, este domingo na canceira de Ordes


A xornada de portas abertas desenvolverase de 10 a 20 horas. Permitirase o contacto directo cos exemplares e ofrecerase todo tipo de información sobre os procesos de adopción e acollida por parte de particulares

O vindeiro domingo, 31 de maio, a canceira de Ordes celebrará a III Festa dos cans. O centro abrirá as súas portas de 10 a 20 horas ao público xeral, co fin de dar a coñecer o labor que alí se realiza e as súas instalacións, situadas a carón do parque de bombeiros no polígono industrial de Merelle. A todas e todos os visitantes permitiráselles o contacto directo cos exemplares acollidos.

Deste xeito a Asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade pretende concienciar sobre o trato correcto que se lles debe brindar aos cans e a responsabilidade que supón introducir unha mascota deste tipo no domicilio, co fin de evitar o abandono animal. Outros dos puntos importantes que se abordarán nesta xornada son os da adopción, a acollida temporal en domicilios particulares, o voluntariado ou as achegas económicas que se poden realizar.